Documentos CTNL 1 - Revisar a corrección

Revisar a corrección. Obxectivos e métodos para unha reparación textual eficiente nos SNL

Autor: Manuel Bermúdez Blanco  /  Número: 1  /  Páxinas: 42  /  Novembro de 2009

Isto que estás comezando a ler é froito da experiencia do traballo durante anos nos labores de asesoramento nun servizo lingüístico universitario. Non vas atopar teorías tiradas de fontes bibliográficas, aínda que moitas das ideas que aquí se verten estean recollidas dalgunhas lecturas feitas nestes anos. Tampouco vas atopar referencias a estudos nin a investigacións feitas sobre o tema da corrección textual.

Aquí hai un feixe de ideas que nacen na procura de reformular os labores de corrección e darlles sentido no proceso de normalización lingüística. Esta formulación vouna basear en dous piares: en primeiro lugar, considero que é necesario equilibrar os esforzos que os servizos lingüísticos lle dedican á corrección de textos. Os recursos son limitados e cómpre planificarmos os recursos que imos dedicar a este labor e establecermos os resultados que se perseguen; en segundo lugar, hai que procurar que a propia tarefa de corrección vaia máis aló da simple reparación dos erros dun texto. A corrección no ámbito normalización do idioma ten que perseguir, tamén, obxectivo de formar o escritor.

Propoño un modelo de corrección baseado na revisión do proceso creativo. Tratarei asuntos domésticos que se deben ter en conta no proceso da corrección (prazos, traballos que se aceptan…). Ademais recomendarei algunhas técnicas de corrección axeitadas a cada tipo de texto. Tratarei, así mesmo, de establecer onde están os límites que se debe poñer o corrector de textos desenvolvendo o seu labor. Por último, darei algunhas propostas para comunicarmos as correccións, coa finalidade de que a reparación de textos cumpra a función formativa que reclamamos.

É o momento de nos preguntar para que vale o que estamos a facer e cal é a rendibilidade que se lle tira ás tarefas de asesoramento lingüístico tal e como se enfoca na actualidade. Reformulármonos o xeito de traballar forma parte da nosa responsabilidade e isto non é máis ca unha proposta.

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio