A convocatoria está aberta a todos os colectivos da sociedade galega de calquera ámbito.
Entre outras posibilidades que se debaterán, A Mesa proporá impulsar unha iniciativa lexislativa popular pola garantía do dereito a poder vivir en galego, na cal estiveron a traballar varios xuristas pertencentes ao Observatorio de Dereitos Lingüísticos.
Podes consultar máis información nesta ligazón.
Reunión aberta para constituír plataforma social en defensa do galego
A Mesa pola Normalización Lingüística convoca a todas as entidades que teñan interese en conformar unha plataforma social en defensa do galego a unha reunión aberta o vindeiro 7 de xullo ás 17 horas na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela, onde se acordará a estrutura e mais o programa de actividades desta nova plataforma.