Con esta resolución, a Xunta de Galicia concede un total de 93 subvencións das 101 solicitadas.
Das 93 subvencións concedidas, 40 son para o mantemento de servizos de normalización lingüística (SNL) xa existentes, 7 para a creación de SNL novos en concellos individualmente, 11 para a creación de SNL novos de varios concellos agrupados e 35 para financiar programas de dinamización en concellos sen SNL.
Das 8 denegadas, 1 é por presentar a solicitude fóra de prazo, 3 por non seren presentadas as contas no Consello de Contas e 4 por non cumprir algún dos artigos das bases.
Estas subvencións correspóndense a dúas anualidades, a de 2011 e a de 2012, despois de que a convocatoria de 2011 fose suspendida.
A resolución pode consultarse aquí (.pdf), e nela figura a listaxe completa de subvencións concedidas, así como as correspondentes contías.
Resolución das subvencións para a promoción do galego nos concellos
O DOG do 4 de abril de 2012 publica a resolución da SXPL das subvencións ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega, para a creación e mantemento de SNL e para o desenvolvemento de programas de dinamización nos anos 2011 e 2012