Resolución das axudas á tradución de libros desde e para o galego

A Consellería de Cultura e Turismo publica, no DOG do 27 de decembro de 2011, a resolución das axudas á tradución de libros desde o galego ou para o galego no período 2011-2013

Segundo esta resolución (.pdf), a Xunta dedicaralle nese trienio 2011-2013 menos de 200.000 € a axudas á tradución: sobre 100.000 € á tradución de obras doutras linguas ao galego e menos de 75.000 € á tradución de obras galegas a outras linguas.

Algúns dos libros que, segundo a resolución, está previsto que se publiquen en galego son, por exemplo, O meu nome é vermello, de Orhan Pamuk; varios de Flann O´Brien ou Robert J. Sawyer; O asasino dentro de min, de Jim Thompson; ou A casa de bonecas, de Henrik Ibsen.

E algúns dos libros que, tamén segundo a resolución, está previsto que se traduzan a outras linguas son, por exemplo, Pirata, de María Reimóndez, ou Spam, de Francisco Castro, ao italiano; A sombra cazadora, de Suso de Toro, ao inglés; ou Que me queres, amor?, de Manuel Rivas, ao búlgaro.

A resolución completa, en .pdf, aquí >
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio