Resaca das Letras’09: unha toma de temperatura á rede en galego

O alumnado da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo convoca, como xa é tradición, o certame Resaca das Letras, co fin de avaliar a calidade da rede e das páxinas web feitas en galego así como a publicidade na nosa lingua.

Con este motivo, convócase un certame anual en tres categorías:



  • As mellores webs en galego


  • O mellor cartaz publicitario e a mellor creación audiovisual


  • O mellor traballo de curso




Mentres os dous últimos están dirixidos ao alumnado da facultade, o primeiro está aberto á votación a través do seu web, no enderezo http://resacadasletras.blogspot.com”.

Ademais, o 12 de maio, a partir das 11 h, haberá un relatorio de María Yáñez e unha mesa redonda con Roi Barreira, Anxos García Fonte e Paz Orois, moderada por Manuel Gago, titulada “Por diante dos tempos: Evolución e tendencias no uso da Internet en galego” á que seguirá unha presentación das campañas de Normalización da Universidade de Vigo.

O día 13 haberá unha gala presentada por Gonzo, con música, unha lección maxistral de Miguel Conde e a entrega dos premios á web galega.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio