Regulamento do uso do galego no Concello de Portas

O Concello de Portas aprobou o seu Regulamento do uso do galego. Tras a aprobación provisional o 8 de marzo de 2019 e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 4 de xullo de 2019.

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 4 de xullo de 2019 publicou a aprobación definitiva do Regulamento do uso do galego no Concello de Portas, un texto aprobado no Pleno municipal o 8 de marzo de 2019.

Este texto do Concello de Portas declara o galego idioma oficial do Concello, por ser lingua propia de Galicia. Por tanto, establécese que “as actuacións administrativas realizadas en galego no territorio municipal terán plena validez e eficacia”.

Ao longo dos seus 11 capítulos, 23 artigos e disposición derradeira, regúlase o uso oficial do idioma galego, o ámbito de aplicación do regulamento, o uso do galego na organización municipal; nas relacións coas/cos administradas/as; nas relacións institucionais; nos avisos, publicacións e actividades públicas; nos rexistros; na atención ao público; na toponimia, sinalización e rótulos; e na selección, provisión e reciclaxe do persoal. Tamén se establece a responsabilidade do concello no impulso institucional do idioma.

SEN DEPARTAMENTO TÉCNICO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Malia felicitarmos o concello pola aprobación deste regulamento, observamos con estupor que o seu texto non fai referencia a ningún departamento técnico que asesore a institución na aplicación e desenvolvemento deste documento legal. Os servizos de normalización lingüística son os departamentos técnicos dos concellos que teñen como finalidade impulsar o uso e o prestixio da nosa lingua en todos os seus ámbitos de influencia e, así, cumprir coa súa obriga legal e responsabilidade social de contribuír ao proceso de normalización lingüística.

Esperamos que a ausencia de referencia a un SNL sexa unha eiva que se poida corrixir e non impida ao Concello de Portas contar co departamento técnico necesario para planificar, xestionar, executar e avaliar a política lingüística municipal.



Regulamento do uso do galego no Concello de Portas, en .pdf
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio