O DOG do 25 de xaneiro publica as convocatorias de subvencións para os proxectos de fomento do galego no ensino non universitario, tanto en centros públicos como en centros privados.
A contía dedicada para os centros de ensino público é de 250.000 euros, o que supón unha redución do 69% con respecto á convocatoria do ano pasado, cando se destinaron 800.000 euros.
A contía dedicada para os centros de ensino privado é de 18.000 euros, o que supón unha redución do 66% con respecto á convocatoria do ano pasado, cando se destinaron 50.700 euros.
Convocatorias
DOG do 25/1/2012
–Para centros de ensino públicos>
–Para centros de ensino privados>
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes remata o 25 de febreiro
Criterios para a cualificación dos proxectos
-Calidade do proxecto: até 24 puntos (80%)
-Número de estudantes do centro: até 6 puntos (20%)
Contía das axudas
-Centros con máis de 50 alumnos: até 1.250 euros
-Centros con entre 25 e 50 alumnos/as: até 300 euros
-Centros con menos de 25 alumnos/as: até 150 euros
Reducida convocatoria de subvencións para o fomento do galego nos centros de ensino
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca, cunha forte redución orzamentaria de preto do 70%, as subvencións para os equipos de normalización lingüística dos centros de ensino, tanto públicos como privados. O prazo de solicitude remata o 25 de febreiro