Recursos para un Entroido en galego

A Coordinadora Galega de ENDL puxo en marcha un monográfico web especial con recursos sobre o Entroido en galego, útiles para traballar nas aulas: unidades didácticas, xogos, publicacións, manualidades, literatura, disfraces, receitas...

A Coordinadora Galega de ENDL vén de poñer á disposición da comunidade educativa unha páxina web dedicada ao Entroido. Neste monográfico especial pódese atopar información bibliográfica e da rede sobre o entroido, especialmente sobre o entroido tradicional galego; unha escolma de recursos educativos (unidades didácticas, propostas de actividades, cazas do tesouro, xogos, léxicos, receitarios, etc.); manualidades (plantillas de máscaras e antifaces, láminas para colorear, etc.); e literatura relacionada con esta celebración.

http://www.coordinadoraendl.org/2011entroido/index.php

Estes materiais foron elaborados na súa maior parte por docentes, equipos de normalización, bibliotecas e outros grupos de traballo escolares, polo que desde a Coordinadora de ENDL queren recoñecer este gran labor que se desenvolve desde os centros ao tempo que solicitan a colaboración para achegar novos recursos que se poidan compartir coa comunidade educativa.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio