As diversas administracións públicas á hora de desenvolver e implementar as súas políticas en calquera ámbito cantan con instrumentos técnicos para executalas e para ofrecer asesoramento técnico a respecto da materia concreta da que se trate.
No ámbito da política lingüística eses instrumentos técnicos son os servizos lingüísticos‘que, por unha banda, non están o suficientemente definidos, e por outra, non todas, nin sequera a maioría das administracións dispoñen deles de maneira estábel.
Ao non estaren as funcións destes servizos o suficientemente definidas, menos aínda o está o perfil dos seus traballadores ou das súas traballadoras.
Ante esta situación a CTNL en colaboración co Consello da Cultura Galega e coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia está a desenvolver un estudo integral sobre a situación real destes servizos lingüísticos, a partir do que se elaborará unha proposta de definición2, outra para establelecer o perfil dos seus traballadores e traballadoras e incluso un modelo de convocatoria para as prazas e contratacións deses traballadores e traballadoras de acordo cos parámetros de definición de servizos lingüísticos e de perfil deses traballadores e traballadoras.
A complexidade de elaboración deste estudo e a dimensión que se lle quere dar tan que non poida estar rematado e que, polo tanto, non se poidan elaborar a partir da análise as propostas de perfís e o modelo de convocatoria até finais de 2007.
Mentres tanto, as administracións teñen que seguir contratando persoal para eses servizos lingüísticos, polo que desde a CTNL crese de especial importancia desenvolver un plan de actuación provisional ante as convocatorias de prazas e contratacións para os servizos lingüísticos das administracións públicas galegas co fin de que esas administracións contraten o persoal máis e mellar capacitado para o desenvolvemento das funcións do posto e, polo tanto, de que o traballo a prol da normalización da lingua se desenvolva en boas condicións e sexa o máis efectivo posíbel.