Un dos obxectivos deste catálogo é mostrar o traballo que fan as empresas participantes en Abertos ao Galego. Este proxecto conta actualmente con máis de 60 empresas de ámbitos moi diferentes, e neste catálogo inclúense propostas de comerciantes e fabricantes que destacan polo uso do galego na súa actividade empresarial.
Desde a moda de Ela Diz en Santiago de Compostela, até as camisolas de Nicetrip (A Coruña) ou Caramuxo, pasando polos comics de Demo Editorial ou a decoración de Andrómenas, a proposta que ofrecen quere lembrar nestas datas que é posíbel escoller agasallar na nosa lingua.
Abertos ao Galego é un proxecto da Mesa para a promoción e dinamización da lingua galega no mundo da empresa.
Podedes visualizar o catálogo aquí >
Recomendacións de agasallos para o Nadal de Abertos ao galego
Camisolas, banda deseñada, decoración, libros, etc. Abertos ao galego, a rede de empresas comprometidas coa lingua promovida desde A Mesa, difunde nun catálogo algunhas recomendacións de agasallos para este Nadal