Reblogdela, fomento da lingua na rede e gastronomía de Redondela

A Asociación de Empresarios de Redondela conxuntamente coa Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Redondela, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, convocan o segundo concurso de blogs REBLOGDELA: A nosa gastronomía.

O obxectivo é fomentar o uso e a normalización da lingua galega e, asemade, potenciar a creación e a participación da mocidade no ámbito das novas tecnoloxías da información (TIC).

REBLOGDELA é un concurso no que os mozos e mozas entre 12 e 18 anos poderán demostrar as súas aptitudes para crear e desenvolver un blog, desenvolvendo así numerosas ferramentas relacionadas coas novas tecnoloxías e con Internet, á vez que empregan o galego como lingua vehicular e de comunicación na rede.

Os traballos presentados ao concurso deberán estar escritos en galego e deberán ter como temática principal A NOSA GASTRONOMÍA, facendo referencia á gastronomía local de xeito xenérico ou particular: hostalaría de Redondela, produtos gastronómicos redondeláns, restaurantes de Redondela (de xeito colectivo ou individual), as receitas máis xenuínas e populares, ou a oferta gastronómica do noso Concello.

A data límite para inscribirse e presentar o blog é o 10 de decembro de 2009.

Bases completas e máis información no blog do SNL do Concello de Redondela
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio