R, Monte Cabalar e Olimpio Arca, premios San Martiño 2010 de normalización lingüística

A Asociación Cultural O Brado da Estrada outorgoulle os seus premios polo compromiso coa lingua galega á empresa R, á sociedade cooperativa Monte Cabalar e ao mestre e escritor Olimpio Arca. Os premios serán entregados o 11 de novembro na Estrada

Os premios teñen tres modalidades

Premio á difusión da lingua na comarca de Tabeirós Terra de Montes: Monte Cabalar Soc. Coop. Galega

Esta iniciativa pioneira no ámbito do cooperativismo co fin de promover a posta en valor e produción dos montes mediante o traballo con especies autóctonas tanto no ámbito agrario como gandeiro, estruturan e vertebran o seu funcionamento coa lingua como ben irrenunciable da identidade e vehículo de comunicación común e habitual tanto entre as distintas xeracións das máis de 300 familias que son socias desta ilusionante iniciativa, como na proxección da súa imaxe cara o exterior.



Premio á normalización no ámbito galego: R

Pola súa implicación no uso normalizado do galego dende a súa creación e por ter o galego como forma precisa do seu carácter de empresa creada en Galicia, con amplas campañas publicitarias e de funcionamento da empresa co noso idioma como parte irrenunciable da súa estrutura. Tivo o mérito ademais de introducir os hábitos lingüísticos de emprego do galego nun sector estratexicamente tan importante como o da comunicación e as novas tecnoloxías.

Premio á normalización durante toda unha vida: Olimpio Arca Caldas



Nacido en Cuntis (1928). Mestre e escritor galego.



Mestre, escritor e historiador estradense que polo seu labor como mestre e escritor obtivo, entre outros, os seguintes premios: Cruz Alfonso X O Sabio, Mestre representativo provincia de Pontevedra, 1º premio Bretema de Lembranza, 1º premio xornalístico Manuel Reimóndez Portela, nomeado Estradense de Honra 2001 pola Asociación cultural O Brado, Fillo predilecto de Cuntis, foi dende sempre un férreo defensor do emprego da lingua galega na súa obra e na docencia.

Os Premios San Martiño do ano 2010 serán entregados nun acto aberto a todo o público o xoves 11 de novembro ás 20.30 horas no Teatro Principal da Estrada
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio