É isto unha oferta de emprego?
Non, ou non exactamente. Desde a CTNL necesítase contar con algunhas persoas de xeito puntual para axudar en diversos proxectos e actividades. Entón, este chamamento é para facer unha listaxe coas socias e os socios que están dispoñíbeis para colaborar e que perfil teñen, para procurar elixir a(s) persoa(s) máis axeitadas para cada caso.
E, se me chaman, vanme pagar?
Si, claro. Dependendo da colaboración da que se trate, desde a Xunta Directiva da CTNL acordáronse unhas cantidades que se consideran xustas.
Que criterios se van seguir para chamar unhas persoas ou outras?
Os criterios que se seguirán son:
-Que a persoa sexa socia da CTNL
-Que estea na procura de emprego
-Que, segundo a Xunta Directiva da CTNL, reúna o perfil máis axeitado para cada tipo de colaboración
De que tipo de traballos estamos a falar?
Depende das necesidades de cada momento. O que a CTNL pode necesitar é persoal de apoio para cursos ou encontros, unha persoa que elabore un documento sobre algún tema relacionado coa normalización lingüística, unha persoa que coordine e/ou xestione un curso ou encontro, unha persoa que revise lingüisticamente algún documento, etc.
Se estou interesado/a, que teño que facer?
Cubrir e enviar o seguinte formulario.
Hai algún prazo para apuntarse?
Non, inicialmente non hai ningún prazo. Cando desde a CTNL se necesite botar man dalgunha persoa, teranse en conta todas as persoas que nese momento enviaron a súa proposta de colaboración. Polo tanto, se estás interesado/a, apúntate canto antes.
Queres traballar coa CTNL? Buscamos persoas para colaborar en diversos proxectos puntuais
Na CTNL necesitamos persoas que estean dispoñíbeis para colaborar puntualmente, de xeito remunerado, en diversos proxectos e actividades da asociación. Na organización de cursos, na elaboración e/ou revisión de documentos, no desenvolvemento de accións e actividades, etc.