Queremos Galego reparte bandeirolas, adhesivos de automóbil e postais dirixidas ao presidente da Xunta

A plataforma en defensa da lingua Queremos Galego iniciou a distribución de adhesivos para poñer no automóbil, de bandeirolas para pór en lugares visíbeis e de postais dirixidas ao presidente da Xunta para convidalo a reflexionar e na que se desexa que en 2010 el tamén queira galego.

A postal editada por Queremos Galego está pensada para o envío masivo ao presidente da Xunta, e está deseñada polo pintor compostelán Nolo Suárez. Con ela quérenselle achegar ao titular do goberno “os bos desexos da inmensa maioría do noso pobo” para que no ano 2010 el tamén queira galego”.

Xunto cos cartóns postais, a plataforma distribuirá tamén de xeito masivo en espazos públicos das principais vilas e cidades galegas adhesivos para pór no automóbil e bandeirolas co lema Queremos Galego, e anima á súa exhibición en fiestras, balcóns, comercios, centros de traballo e todo tipo de espazos onde se poida visualizar “que o pobo galego quere a súa lingua propia”.

O idioma é a chave

coa que abrimos o mundo:

o salouco máis feble,

o pensar máis profundo


(Manuel María)

O galego que non fala

na lingua da súa terra

non sabe o que ten de seu

non é merecente dela


(V. Taibo)
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio