Queremos Galego convoca concentracións o xoves e sábado en Santiago

A plataforma Queremos Galego convoca dúas concentracións (xoves 15 ás 11.30 h e sábado 17 ás 17.00 h, en Santiago) para exixir o cesamento do Valedor do Pobo e a destitución do conselleiro de Educación por apoiar publicamente a resolución que pide censurar un libro de texto que sinala que o galego é a lingua propia de Galiza

A plataforma cidadá Queremos Galego convoca para esta quinta feira, xoves 15 de decembro, e para o sábado 17, concentracións cidadás en Santiago de Compostela para exixir o cesamento de Benigno López, Valedor do Pobo, e do Conselleiro de Educación:

>Esta quinta feira (xoves) 15 ás 11.30 diante da sede do Valedor do Pobo: Rúa do Hórreo (a carón do Parlamento de Galiza)

>Sábado 17 ás 17 horas na Praza do Toural.

Desde a plataforma Prolingua, e a raíz do mesmo caso, tamén piden a destitución do Valedor do Pobo
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio