Este concurso, que ten como obxectivo promover o emprego da lingua galega nas novas tecnoloxías entre a cidadanía, consiste na gravación de monólogos, tanto en formato vídeo coma audio, que serán colgados na páxina web do concello de Narón. As únicas condicións son que estean realizados en lingua galega e en clave humorística.
Os premios aos que se opta son unha tablet, un netbook e un smartphone.
O prazo para enviar as gravacións remata o 4 de maio de 2012 (ás 14:30 h).
As bases completas e a información para o envío de gravacións, aquí >
Que me dis! Concurso de monólogos para o fomento da lingua en Narón
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón convoca o III Concurso de monólogos que ten como obxectivo promover o uso do galego. O prazo para enviar as gravacións remata o 4 de maio de 2012