Que me dis! Concurso de monólogos para a lingua en Narón

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Narón convoca o concurso de monólogos en vídeo Que me dis!, co obxectivo de promover o emprego da lingua galega nas novas tecnoloxías. O vídeos do monólogos deben colgarse no web deste concello até o día 6 de outubro

O SNL do Concello de Narón pon en marcha o I Concurso de Monólogos “Que me dis!!”, que ten como obxectivo promover o emprego da lingua galega nas novas tecnoloxías entre a cidadanía.

O certame consiste na gravación de monólogos, tanto en formato vídeo coma audio, que serán colgados na páxina web do concello. As únicas condicións son que estean realizados en lingua galega e en clave humorística.

Os premios aos que se pode optar son un ordenador portátil, unha cámara fotográfica dixital e un MP4.

O prazo para enviar as gravacións remata o 6 de outubro (ás 14.30 h).

Os monólogos deben gravarse en vídeo ou audio e enviarse como arquivo anexo ao formulario habilitado no propio web do concello, onde se poderán visitar e apoiar.

Bases completas do concurso Que me dis! en .pdf >
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio