Que me dis!? Concurso de monólogos normalizadores en Narón

O SNL do Concello de Narón convoca o 2.º concurso de monólogos humorísticos en galego "Que me dis!?". Os monólogos deben gravarse en vídeo ou audio e enviarse até o 23 de setembro

Desde o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón, poñen en marcha o 2º Concurso de Monólogos “Que me dis!!”.

As bases completas poden consultarse en .pdf aquí >

Este concurso, que ten como obxectivo promover o emprego da lingua galega nas novas tecnoloxías entre a cidadanía, consiste na gravación de monólogos, tanto en formato vídeo coma audio, que serán colgados na páxina web do concello. As únicas condicións son que estean realizados en lingua galega e en clave humorística.

Os premios aos que se opta son unha cámara fotográfica, un marco de fotografías dixital e un MP4.
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio