Durante o mes de maio dos anos 2015, 2026 e 2017, a CTNL desenvolveu a campaña Que se vexa o galego! Con ela buscábase visibilizar a presenza da nosa lingua en diferentes ámbitos (etiquetaxe, cartelaría, publicidade etc.) co fin de dar unha imaxe de lingua viva, útil, moderna e atractiva.


Con esta campaña tamén se incentivaba as administracións a promover o galego alén do Día das Letras Galegas, durante todo o ano, e abordando aspectos que superasen o uso literario ou só cultural, é dicir, procurando presente e futuro para a lingua en todos os ámbitos e situacións sociais: no comercio, no deporte, no asociacionismo, entre a mocidade, nas novas tecnoloxías, no ensino, na cultura, na comunicación, no lecer, nas empresas, nos parques, nos centros de saúde, etc.
Desde un enfoque colaborativo, tamén se alentaba as persoas que seguian as contas da CTNL a que compartisen a través da rede Twitter imaxes onde se mostraba a presenza do galego coa etiqueta #quesevexaogalego. Este labor finalizaba cun sorteo de produtos en lingua galega entre o público participante.

