Lingua Galega x15

LGx15: Ideas para o futuro da lingua

LGx15 é un proxecto para a difusión de ideas para o futuro da lingua que naceu en 2015 e que se leva organizando ininterrompidamente cada ano desde esa data.

Por unha parte, consiste nun evento de charlas dun máximo de 15 minutos onde diversas persoas transmiten, dun xeito breve, claro e visual, ideas e reflexións co fin de influír no uso e prestixio do galego e/ou nas actitudes e comportamentos lingüísticos.

Este evento complétase cunha pequena actuación musical e está conducido en clave de humor, para asociar a reflexión lingüística a valores positivos coma o lecer e a diversión.

O evento grávase en vídeo para, nunha segunda fase do proxecto, difundir a través de YouTube cada unha das charlas individualmente e, por tanto, espallar as ideas, experiencias, recomendacións ou propostas que poden facernos reflexionar e actuar para mellorar o futuro da lingua. 

Polo palco do LGx15 pasaron, entre outros, Manuel Núñez Singala, Luís Iglesia, Belén Regueira, María Yáñez, Iria Veiga, Alonso Caxade, Mercé Barrientos, Inma Gil Rosendo, Alba Mancebo, Rosa Aneiros, Ángel Carracedo, Esther Estévez, María Vázquez, Olaia Maneiro, Fátima Barros, Kiko da Silva, Fran da Lobeira ou Neves Rodríguez.

Nas diferentes intervencións tratáronse temas como a banda deseñada, a divulgación científica, os neofalantes, o deporte, a crianza, a atención médica, a música, a autoestima, os dereitos lingüísticos, a economía, as redes…

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio