Como cho digo ;-)

Esta campaña naceu no Viveiro de propostas normalizadoras e presentouse o 25 de marzo de 2014 en Compostela. Con ela buscábase facer reflexionar sobre a necesidade de respectar a lingua galega nas declaracións, entrevistas e noticias que se nutren de notas de prensa ou declaracións orais en galego.

A campaña consistía nun compromiso, tanto de particulares como de colectivos, para solicitar que os medios de comunicación respectasen a lingua en que se producen as noticias, declaracións e entrevistas, compromiso que quedaba reflectido nun sitio web.

A campaña contou coa adhesión pública de persoas coñecidas como Luís Davila, Sergio Álvarez, Uxía, Marcos Calveiro, María Reimóndez, Federico Pérez, Rosa Aneiros, María Mera, Fernando Vázquez, Sés, Yolanda Castaño, Jorge Mira, Mónica Camaño etc. Tamén se adheriron colectivamente asociacións, sindicatos ou entidades locais. 

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio