En 2013, con motivo da Feira das Culturas Galegas Culturgal, presentouse a iniciativa Agasallo.eu, que consistía nun web para difundir todo tipo de produtos con contido lingüístico en galego susceptibles de converterse nun regalo.O web estaba dividido en categorías (libros, música, experiencias, audiovisual, roupa e complementos…) e permitía clasificar os produtos tanto mediante estas categorías como de acordo co prezo ou co público destinatario.

En 2021 chegamos a unha segunda fase deste proxecto, que simplificamos en Agasallo. Buscouse así unha xestión máis áxil e unha eficiencia comunicativa maior, alén de evitar repetir información que xa aparecía nas canles de comunicación das empresas creadoras dos produtos que publicitabamos. Daquela, suprimiuse o web e continuouse a difusión a través das redes sociais Facebook, X e Instagram.
Tanto na primeira coma na segunda etapa tamén se realizaron esporadicamente sorteos de produtos por cortesía das empresas colaboradoras e en 2023 grazas á cooperación da asociación Puntogal.
