Entre os obxectivos da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua está a formación e a actualización profesional dos e das profesionais que traballan para mellorar a situación social da nosa lingua. Con este fin organizamos cursos, xornadas e obradoiros que abordan temas como a planificación lingüística, a xestión administrativa, a comunicación e as redes sociais ao servizo da normalización lingüística, dinámicas e técnicas grupais etc.
Moitas destas actividades formativas están orientadas a facilitar o labor cotián dos e das técnicas de normalización lingüística e tratan cuestións prácticas que non forman parte da formación curricular habitual destes profesionais, como a educación social ao servizo da normalización lingüística, o deseño e a maquetación de materiais comunicativos, o pensamento creativo ou a creación de vídeos, entre outros temas.
Algúns dos cursos que organizamos nos últimos anos foron os seguintes: