Que facemos coa lingua?, monográfico sobre lingua e ensino do STEG

O número 0 da nova revista para o debate que o sindicato STEG acaba de publicar é un monográfico que aborda a cuestión do galego no ensino. Co título Que facemos coa lingua?, este número 0 da revista conta coa colaboración de Séchu Sende, Valentina Formoso, Nel Vidal, Emilio Insua, Miguel Louzao, Valentim R. Fagim, Ana M.ª Pérez Rico, Pablo Gamallo e Carlos Negro.

“Decálogo d@ profe de língua”, de Séchu Sende; “Campaña gráfica”, de Valentim R. Fagim; “Sobre a necesidade de mellora das estratexias normalizadores”, de Nel Vidal; “Exame aos 30 anos de normalización lingüística”, entrevista a Miguel Louzao e Emilio Insua; “Cambiagalicia, unha idea para cambiar un país”, de Ana María Pérez Rico; ou “O mito erótico de Galicia Bilingüe e do galeguismo, a Finlândia”, de Pablo Gamallo, son algúns dos contidos deste monográfico da revista Estega, do Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza (STEG), que conta cunha tiraxe de 4.000 exemplares e que ademais se pode descargar en .pdf.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio