E aquí proxectos non faltan…
Entón, podemos contar contigo?
Para iso, para mellorarmos ou desenvolvermos algúns dos proxectos previstos para os vindeiros meses, imos crear unha serie de grupos de traballo e convidámoste a participar neles:
- LGx15: neste ano retomaremos esta actividade e gustaríanos que participases planificando, propondo contidos e nomes, ideas de organización e desenvolvemento, etc.
- Como cho digo ;-): podes colaborar neste proxecto propondo ideas, melloras, etc., e axudando a planificar unha maior difusión e implicación de persoas, entidades e medios.
- XII Curso de verán de dinamización lingüística. Sector socioeconómico: podes achegar opinións sobre dinámicas, contidos e nomes para o programa.
- Encontro técnico de SNL e ENDL: colabora na planificación e no desenvolvemento dunha xornada de intercambio de ideas e propostas de colaboración conxunta.
Cada un destes grupos será coordinado por unha persoa, e nel poden participar todas as que se anoten. Cada grupo poderá ter un funcionamento distinto, a súa propia dinámica, mais, en xeral, aínda que haxa algunha xuntanza física, a idea é que boa parte do traballo se faga a través do correo electrónico, intercambiando ideas, propostas, tarefas, etc. E o tempo que lle dediques será o que ti queiras ou poidas dedicarlle…
Anímaste a participar?
Pois daquela envía unha mensaxe a info@ctnl.gal ata o 15 de abril indicando en que grupo(s) queres participar, o teu nome, enderezo electrónico e teléfono.
Veña, entre todas e todos faremos que estes proxectos saian ben! ;-)