Publícase o Manual básico de documentación administrativa e xurídica

A SXPL publica o Manual básico de documentación administrativa e xurídica, unha obra que recolle modelos de documentación xurídica en galego para facilitar e promover o labor dos e das profesionais da Administración de Xustiza

O Manual básico de documentación administrativa e xurídica, que se pode descargar en formato PDF, inclúe unha versión actualizada do anterior Manual básico de documentación administrativa. As autoras da parte de documentos administrativos foron Maricarme García Ares, Concha Martínez Mayo e Susana Mayo Redondo do Seminario Permanente de Linguaxe Administrativa, coa coordinación de Manuel Rico Verea. Pola súa banda, as autoras e autores da parte de documentos xurídicos foron Alexandre Alonso Alonso, Flora Carpente Leira, Maricarme García Ares, Daniela García Sánchez, Felisa Marzabal Expósito e Luís Villares Naveira, coordinados por Xoán Rivas Cid.

O manual estabelece modelos que pretenden servir de guía orientativa e clarificadora para o persoal da Administración.

Está estrutúrase en catro grandes apartados:
  • Unha guía rápida para a redacción administrativa e xurídica.

  • Modelos comentados de documentos administrativos


  • Modelos comentados de documentos xurídicos.


  • Bibliografía e ligazóns de interese.


VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio