Publicadas as actas das II Xornadas de Educación e Linguas en Galicia

Co título de A planificación para a normalización lingüística nos centros de ensino non universitarios, a Universidade de Santiago de Compostela publica as actas das II Xornadas de Educación e Linguas en Galicia

Esta publicación, coordinada por Bieito Silva, Xesús Rodríguez e Isabel Vaquero, compila as intervencións presentadas nas II Xornadas Educación e linguas en Galicia, que tiveron lugar os días 26 e 27 de novembro de 2010 en Santiago de Compostela.

Pode descargarse aquí >

Os traballos que inclúe son:

-A normalización lingüística e a aprendizaxe plurilingüe como metas escolares

BIEITO SILVA VALDIVIA

-Mudanzas na planificación lingüística nos centros de ensino. O Decreto do plurilingüismo

MERCEDES QUEIXAS ZAS

-A necesaria potenciación da lingua galega en educación infantil nos contextos castelanfalantes

VALENTINA FORMOSO GOSENDE E MERCEDES QUEIXAS ZAS

-A experiencia das liñas de galego no CEIP «Emilia Pardo Bazán» da Coruña

JOSÉ MANUEL GARCÍA YANES

-A experiencia das liñas de galego no CEIP «A Ponte» de Ourense (I)

PURIFICACIÓN RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ

-A experiencia das liñas de galego no CEIP «A Ponte» (II)

XOSÉ RODRÍGUEZ DÍAZ

-A experiencia das liñas de galego no EEI da Pastora, Cambados

AMELIA VARELA VILLAMOR E DOLORES OUBIÑA MILLÁN

-Planificación lingüística de centros orientada á normalización

VALENTINA FORMOSO GOSENDE

-A planificación lingüística orientada á normalización no colexio público de Aguiño

UXÍA ACUÑA

-A planificación lingüística orientada á normalización do CPI «Vicente Otero Valcárcel» de Carral

ANXO GÓMEZ SÁNCHEZ

-Planificación lingüística orientada tamén á normalización da contorna social

FRANCISCO VEIGA

-Planificación lingüística orientada á normalización tamén na contorna: A experiencia do IES «Félix Muriel» de Rianxo

VALENTINA FORMOSO GOSENDE

-O proxecto «FalaMelide»: A radio escolar como ferramenta para a normalización lingüística e cultural

ZELTIA LABRAÑA GONZÁLEZ

-Vantaxes normalizadoras da utilización das redes sociais en educación: a experiencia «Máis Nós»

PILAR PONTE PATIÑO

-Planificación lingüística e proxecto educativo

MILAGROS COUTO LLAMAS

-O colexio «Andaina» e a lingua galega

Mª DORES FERNÁNDEZ LÓPEZ

-«Raiola». Proxecto educativo e proxecto lingüístico

BEATRIZ GARCÍA TURNES

-Planificación lingüística e proxecto educativo: o CEIP de Quintela de Moaña

BELÉN ESCARIZ FERRÍN E ISABEL VÁZQUEZ ROSALES
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio