Diferentes stands con información de primeira man de asociacións e plataformas para a normalización lingüística, servizos que ofrecen e produtos que crean e distribúen diversas empresas galegas vinculadas ao proceso de promoción da lingua galega, información de entidades implicadas na promoción lingüística, información, materiais e campañas de distintos servizos de normalización lingüística, etc.
QUE ENTIDADES ESTARÁN?
- A Mesa pola Normalización Lingüística
- Algueirada. Acción cultural na rede
- Asociación de Medios Escritos en Galego
- Consello da Cultura Galega
- Coordinadora de Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística
- Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)
- Diversos servizos de normalización lingüística (SNL) de diferentes entidades
- Eu falo.tv
- Foro Enrique Peinador
- GalegoLab
- Libraría Pedreira (selección de libros sobre política lingüística)
- Punto.Gal
- Queremos Galego
- Reverso / 2.0 Editora
- Secretaría Xeral de Política Lingüística
- Tagen Ata. Lingua e Comunicación
- Toupa.net. Cultura para levar
E EU, PODO IR A PROXECTA?
Si, claro! A mostra está dirixida a todas as persoas interesadas. A entrada é libre e de balde, e os postos estarán abertos tanto polas mañás como polas tardes
E, PARA QUE É?
PROXECTA quere ser unha mostra aberta ao público das entidades que producen, xestionan, promocionan e/ou ofrecen servizos e/ou produtos relacionados coa normalización da lingua galega e que llelos queren achegar a todas as persoas e entidades vinculadas a este ámbito.
PROXECTA pretende darlles visibilidade ás distintas entidades que traballan en e para a normalización lingüística, en diferentes ámbitos e con diferentes ofertas, nun espazo onde as empresas e asociacións poden achegar, presentar, amosar, promocionar e difundir as súas propostas.
A mostra PROXECTA enmárcase nos XII Encontros para a normalización lingüística, punto de encontro, análise e debate e cita de referencia anual para as persoas que traballan no ámbito da promoción do uso e prestixio da lingua galega.
ORGANIZA
Consello da Cultura Galega. Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia
COLABORA
Coordinadora de Traballadores e Traballadoras de Normalización da Lingua (CTNL)
PATROCINA
Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta
Folleto de PROXECTA en .pdf >