A selección farase mediante concurso (até 20 puntos) e oposición (tres partes, puntuábel cada unha delas até un máximo de 30 puntos e buscando a media aritmética das tres para a puntuación final). As partes da fase de oposición consistirán en: 1. Tradución dun texto administrativo; 2. Realización dun plan para o Concello. 3. 60 preguntas tipo test sobre lexislación lingüística.
O prazo de presentación de solicitudes remata o día 21 de novembro.
Para máis información podes dirixirte ao Concello de Betanzos no teléfono 981 770 011.
As bases completas pódense consultar en .pdf aquí.
Provisión con carácter de interinidade de técnico/a de normalización lingüística no Concello de Betanzos
O Concello de Betanzos fixo pública a convocatoria para a provisión con carácter de interinidade dun técnico ou dunha técnica de normalización lingüística.