Proposta de campaña para a galeguización das empresas a partir da figura de Valentín Paz Andrade

A CGENDL quere aproveitar a figura de Valentín Paz Andrade e a súa vinculación co mundo da empresa para dirixir unha campaña de normalización lingüística neste ámbito e presentar unha serie de accións arredor das cales se pode traballar desde o ensino

Valentín Paz Andrade. Empresa en galego

A Coordinadora Galega de ENDL quere aproveitar a figura de Valentín Paz Andrade e a súa vinculación co mundo da empresa para dirixir unha campaña de normalización neste ámbito, Empresa en galego, e presentar unha serie de accións arredor das cales se pode traballar desde os equipos de normalización e dinamización lingüística (ENDL) dos centros de ensino. En todas e en cada unha delas preténdese actuar, con maior ou menor intensidade, sobre a situación da lingua dentro do mundo da empresa.

Así, desde o sitio web da CGENDL, propoñen diferentes accións acompañadas de ligazóns a recursos e materiais que xa se teñen desenvolvido nalgúns centros de ensino con anterioridade e que poden dar ideas para levalas adiante na medida das posibilidades e/ou recursos de cada equipo.

Segundo sinalan desde a CGENDL, “este é só o punto de partida, agardamos as vosas achegas para que medre o número de recursos e propostas para desenvolver no ámbito empresarial”.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio