Proposta da CTNL para a mellora do sistema de formación en lingua galega de persoas adultas da SXPL

A CTNL acaba de remitirlle á Secretaría Xeral de Política Lingüística unha proposta para a mellora do sistema de formación en lingua galega de persoas adultas, que debe pasar, fundamentalmente, por unha planificación anual centralizada da oferta formativa e pola creación dun corpo de docentes profesionalizado. Achegamos aquí a proposta completa.

Proposta da CTNL para a mellora do sistema de formación en lingua galega de persoas adultas da SXPL (.pdf, 209 KB)

A proposta remitida inclúe unha introdución e exposición de motivos, unha explicación das principais eivas do sistema de formación da SXPL e propostas concretas de mellora dese sistema.

De xeito esquemático e resumido, as eivas detectadas e as propostas feitas son as seguintes:

PRINCIPAIS EIVAS DO SISTEMA DE FORMACIÓN EN LINGUA DE PERSOAS ADULTAS DA SXPL

  • Falta de universalidade e de planificación territorial


  • Ausencia de coordinación previa cos servizos de normalización lingüística


  • Desfasamento temporal entre o momento da solicitude dos cursos e as datas de impartición


  • Descoordinación entre as datas de inscrición nas probas e as datas de comezo dos cursos


  • Falta de garantías na realización dos cursos para colectivos


  • Competencia lingüística desigual do alumnado


  • Exceso de número de alumnos/as por aula


  • Inexistencia dun certificado de asistencia aos cursos


  • Escasa formación específica para o profesorado colaborador


  • Precarias condicións laborais do profesorado


  • Requisitos dubidosos e pouco claros de selección de profesorado colaborador


ALGUNHAS PROPOSTAS DE MELLORA DO SISTEMA DE FORMACIÓN EN LINGUA GALEGA DE PERSOAS ADULTAS DA SXPL

  • Planificación anual centralizada da oferta formativa, de forma que se cubra todo o territorio


  • Fixación lóxica das datas de inscrición nos cursos e nas probas


  • Nivelación previa do alumnado


  • Fixación de grupos formativos reducidos


  • Certificado de asistencia aos cursos


  • Formación específica completa e de calidade para profesorado colaborador


  • Creación dun corpo docente estábel


O documento completo pódese consultar en .pdf no apartado “Propostas” do “Andel da CTNL”.
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio