A Concellaría de Normalización Lingüística de Redondela colabora na edición, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL), dunha guía de recursos de utilidade para todas aquelas persoas que fagan o Camiño Portugués a Santiago, ou o novo percorrido da Ruta pola Costa entre Vigo e Redondela. Deste xeito, pretenden contribuír á proxección da lingua galega cara ao exterior e a súa promoción como ben cultural entre as/os peregrinas/os.
Toda a actualidade sobre a actividade do SNL de Redondela no seu blog >
Promoción da lingua entre os/as peregrinos/as que pasan por Redondela
O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Redondela colabora coa Asociación de Empresarios do municipio na edición en galego da Guía do Peregrino, dentro dunha campaña de promoción da hostalaría e o comercio redondeláns no ano Xacobeo 2010