No Projeto Pontos, da Gentalha do Pichel, cada negocio poderá ter 1, 2 ou 3 puntos en función do seu grao de galeguización.
Cada semana coñecerase un novo local galeguizado e a puntuación que merece.
OS CRITERIOS DOS PUNTOS
1. Atención integral en galego
2. Porcentaxe relevante de prensa, publicacións ou música en galego
3. Administración interna en galego
4. Comunicaciión externa en galego
5. Compromiso activo coa normalización lingüística
A PUNTUACIÓN
100% dos criterios: 3 puntos
50% (ou máis) dos criterios: 2 puntos
menos de 50% dos criterios: 1 punto
Utilización da normativa reintegracionista: +nh
A difusión das empresas faise nesta páxina de Facebook
Projeto Pontos. A Gentalha do Pichel promociona as empresas compostelás que usan o galego
Nunha páxina de Facebook, as clientas e clientes de comercios, bares ou froitarías de Santiago de Compostela poderán ver cales son os negocios que usan o galego, aos que desde a Gentalha do Pichel lles outorga unha puntuación segundo o uso que fagan da lingua