Logo Concello de Betanzos

O Concello de Betanzos publicou no BOP do 18 de marzo de 2025 as bases e convocatoria do proceso selectivo para a constitución dunha bolsa de persoal laboral temporal de técnico/a de normalización lingüística. Prazo: 10 días hábiles.

O Concello de Betanzos publicou no BOP do 18 de marzo de 2025 a convocatoria e as bases que rexerán o procedemento selectivo para crear unha bolsa de emprego de persoal laboral temporal de técnico/a de normalización lingüística.

Características da praza

Crearase unha bolsa de emprego temporal de técnico/a de normalización lingüística como persoal laboral do grupo I. As funcións do posto serán as recollidas na ficha 65 da vixente RPT do Concello de Betanzos.

Requisitos de titulación

Licenciatura, grao ou equivalente. Especialidade: Lingua e Literatura Galegas.

Procedemento de selección

O sistema de selección será o concurso-oposición, que constará de dúas fases:

Concurso de méritos

A puntuación máxima desta fase é de 40 puntos e valoraranse méritos académicos (até 16 puntos) e méritos profesionais (até 24 puntos).

Fase de oposición

Abranguerá as seguintes probas:

  • Primeiro exercicio: consistirá en contestar por escrito un cuestionario de 100 preguntas tipo test, e mais 10 preguntas de reserva, con tres respostas alternativas, relacionadas co contido do temario do anexo I das bases. A cualificación máxima deste exercicio é de 40 puntos, sendo necesario acadar 20 puntos para superalo.
  • Segundo exercicio: exame práctico, de carácter eliminatorio e obrigatorio, para o desenvolvemento dun ou de varios supostos de carácter práctico relacionados coa parte específica do temario do anexo I das bases e coas funcións do posto de traballo. A cualificación máxima deste exercicio é de 20 puntos, sendo necesario acadar 10 puntos para superalo.

Presentación de solicitudes e prazo

O prazo de para presentar solicitudes é de 10 días hábiles desde o seguinte á publicación da convocatoria no BOP, é dicir, o prazo finaliza o 1 de abril.

As persoas que desexen tomar parte do procedemento selectivo desta praza deben presentar:

  1. Solicitude no modelo oficial do anexo II das bases
  2. Declaración xurada do anexo III
  3. Autobaremo de méritos do anexo V
  4. Documentación acreditativa dos méritos.

Para ser admitidas nas probas selectivas correspondentes, os/as aspirantes deberán manifestar nas súa solicitudes de participación que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na data que remate o prazo de presentación.

Prazo deste procedemento selectivo

Do 19 de marzo ao 1 de abril (10 días hábiles)

Sistema de selección

  1. Concurso: méritos académicos e profesionais
  2. Oposición: proba tipo test e proba práctica

Información máis detallada

  1. Bases da convocatoria publicadas no BOP, en .pdf (BOP do 18 de marzo de 2025)
  2. Anuncio publicado na sede electrónica do Concello de Betanzos (publicado o 12 de marzo de 2025)
  3. Relación de postos de traballo do Concello de Betanzos (para consultar as funcións do posto na ficha 65 do segundo documento)
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio