Probas de competencias clave de lingua galega niveis 2 e 3

A Xunta de Galicia convoca novas probas de avaliación en competencias clave de nivel 2 e 3, entre as que se atopan as de comunicación en lingua galega. As probas terán lugar o 24 de maio de 2014, e o prazo de solicitude está aberto ata o 10 de abril

Que son as competencias clave?

Son a acreditación de que alguén posúe os coñecementos e as competencias necesarias para participar nos cursos correspondentes aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3.

Última convocatoria: DOG do 14 de setembro de 2014 (.pdf)

PRAZOS

-Prazo de presentación de solicitudes: ata o 10 de abril de 2014

-Publicación da lista provisional de admitidos/as: 7 de maio

-Presentación de alegacións: ata o 12 de maio

-Publicación da lista definitiva de admitidos/as: 21 de maio

-Realización das probas: 24 de maio (nivel 2 pola mañá e 3 pola tarde)

-Publicación dos resultados provisionais das probas: 6 xuño

-Presentación de reclamacións: ata o 10 de xuño

-Publicación dos resultados definitivos das probas: 20 de xuño

COMPETENCIAS CLAVE QUE SE CONVOCAN

Nivel 2 e 3 de:

-Comunicación en lingua galega

-Comunicación en lingua castelá

-Comunicación en lingua estranxeira (inglés)

-Competencia matemática

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

-En calquera rexistro dirixido á Xunta (ou medio equivalente), entregando a solicitude cuberta e unha fotocopia do documento de identidade

Solicitude>

LUGAR E HORARIO DE REALIZACIÓN DAS PROBAS

-Lugar: Recinto feiral de Silleda

-Horario: Nivel 2 a partir das 10.00 h e nivel 3 a partir das 16.30 h



INFORMACIÓN COMPLETA


http://traballo.xunta.es/portada-competencias-clave
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio