-Prazo de presentación de solicitudes: até o 2 de marzo
-Data de realización das probas de lingua galega de nivel 2: 14 de abril ás 10.00 h
-Data de realización das probas de lingua galega de nivel 3: 15 de abril ás 10.00 h
-Lugar de realización das probas: recinto feiral de Silleda
A convocatoria completa está publicada no DOG do 17 de febreiro >
*Nota: estas competencias clave non teñen equivalencia cos Celga é só teñen validez para acceder ás accións formativas dos certificados de profesionalidade da Xunta de Galicia.
Probas de avaliación de competencias clave de lingua galega
A Xunta de Galicia convoca probas de avaliación en competencias clave para acceder ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación dentro da formación profesional para o emprego. Entre as diferentes probas, convócanse tamén as de comunicación en lingua galega