Primeiro manual de condución en galego

A editorial Etrasa, especializada en contidos de seguridade e educación vial, informou de que lanzou ao mercado un manual de regulamentación dos permisos de conducir C1 e C en lingua galega. Trátase, polo tanto, do primeiro manual de regulamentación da condución en galego.

Os permisos de conducir C1 e C autorizan a condución de automóbiles con masa máxima autorizada superior a 3.500 kg e inferior a 7.500 kg, no caso do C1, e sen límite no caso do C.

Agora o alumnado galego poderá contar cun manual de coñecementos específicos para o transporte de mercadoría na súa lingua.

Segundo a editorial, este manual lánzase para ofrecer o mellor servizo a todos os centros de formación galegos e facilitar, deste xeito, o proceso de aprencizaxe do alumnado.

Segundo Efa Rimoldi, directora xeral de Etrasa, “ofrecer a posibilidade de preparar o exame de conducir na lingua do alumnado garante unha formación en condución vial de maior calidade”. Ademais, “tanto a comprensión de textos como a das preguntas de exame vense así notabelmente incrementadas”.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio