Primeiro dicionario francés-galego, galego-francés

Edicións Xerais de Galicia acaba de editar o primeiro dicionario fracés-galego, galega-francés, que constitúe un vocabulario de correspondencias entre 25.000 entradas do léxico estándar de ambas as dúas linguas.

En cada unha das entradas sinálase, ademais, a súa transcrición fonética, a súa categorización gramatical, a fraseoloxía de uso máis habitual, así como, cando é necesario, a precisión da súa tradución.

Este dicionario, o primeiro publicado de correspondencias entre o galego e o francés, completándose con apéndices gramaticais, onde se recollen as conxugacións verbais francesa e galega, así como prontuarios gramaticais de cada unha das linguas.
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio