Preséntase o web do Proxecto Toponimia

A Consellaría de Presidencia presentou hoxe a páxina web do Proxecto Toponimia, dentro dunha iniciativa que ten como principal obxectivo axudar a salvagardar o patrimonio toponímico galego.

O web, dispoñíbel no enderezo http://toponimia.xunta.es, recolle o traballo que o Proxecto Toponimia leva a realizar dende o ano 2000. Ademais, o contorno do web pemite consultar a toponimia a través de mapas interactivos, procuras e mesmo por concellos.

Ata o momento, tense traballado sobre 168 concellos e completouse a recompilación de datos en máis dun cento deles, o que se traduce en case 400.000 topónimos que xa se poden consultar na páxina web.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio