Preséntase o Manifesto a prol da Convivencia Lingüística e da Igualdade de Dereitos para o Galego

Persoas relevantes de ámbitos como a cultura, as letras ou a comunicación apoiaron onte a presentación do Manifesto a prol da Convivencia Lingüística e da Igualdade de Dereitos para o Galego, un texto que está promovido pola Mesa pola Normalización Lingüística.

O manifesto fai unha chamada de atención á sociedade para reivindicar o dereito de empregar a lingua propia e que esta sexa oficial para todos os efectos. Ademais, resalta que somos falantes do galego os que resultamos discriminados en Galiza.



Na presentación do manifesto, lido por Xosé Manuel Piñeiro, tamén estiveron presentes Avelino Pousa Antelo, Xoan Costa, Benigno Pereira, Ignacio Vilar, Jorge Mira, Iolanda Castaño, Cesáreo Sánchez Iglesias ou Xosé Lastra Muruais e a el tamén se adheriron Alfonso G. Sanmartín, Ana Kiro, Bernardino Graña, Carlos Blanco, César Portela, Lois González Tosar, Manolo Rivas, Mercedes Peón, Teresa Moure, Xosé Luís Méndez Ferrín ou Xulia Vaqueiro entre outros



Pode asinarse o manifesto na ligazón seguinte:



http://www.amesanl.org/campanhas/convivenciaeigualdade.htm

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio