Preséntase a revista electrónica Estudos de Lingüística Galega

O Instituto da Lingua Galega vén de publicar na rede a súa revista Estudos de Lingüística Galega, co obxectivo de servir de espazo de debate e intercambio científico sobre a norma idiomática e, ao tempo, servir de análise crítica e difusión da investigación lingüística.

É a primeira revista de formato electrónico que edita a USC. Ten unha periodicidade anual e está organizada en tres seccións: Pescuda (inclúe artigos de investigación orixinais sobre lingüística e filoloxía, sobre o galego), Peneira (artigos breves e notas orixinais en relación coa variedade normativa da lingua galega) e Anada (inventario da produción correspondente do último ano e recensións críticas orixinais de traballos lingüísticos).

A revista pode consultarse nesta ligazón.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio