PRESENTACIÓN
DÍA: xoves 9 de xullo
HORA: 20.00 h
LUGAR: Paraninfo da Universidade da Coruña. Rúa da Maestranza s/n. A Coruña
PRESENTACIÓN EDITORIAL
Queremos demostrar, en primeiro lugar, que as galegas e os galegos estamos vivas e vivos; que aspiramos a seguilo estando, na nosa Terra e coa lexítima propiedade da lingua galega. En segundo lugar, non aceptamos resignadamente que se nos inoculen doses mortais de amnesia, que derrame ou vaporice tantos anos -décadas- de loita pacífica, democrática e pedagóxica a prol do idioma, coas únicas armas que el nos dá: as palabras, os significados recuperados e a forza da razón e da devolución do que nos foi extirpado. En terceiro lugar, en fin, porque é xa anacronismo sobexo e insolencia demasiada termos que aturar, transcorrida case unha década do século XXI, o revival de vellos e resesos prexuízos, de exclusións antigas disfrazadas, en camuflaxe oportunista, de proscricións modernas.
AUTORAS/ES
María Pilar García Negro (ed.), Celia María Armas García, María Pilar García Negro, Manuel Ferreiro Fernández, Xosé Ramón Freixeiro Mato, Xosé Manuel Sánchez Rei, Goretti Sanmartín Rei, Francisco Rodríguez Sánchez, Luís Villares Naveira.
EDITORIAL
Edicións Laiovento
ISBN
84-8487-160-6
Presentación da obra colectiva “Sobre o racismo lingüístico”
O xoves 9 de xullo, ás 20.00 h, terá lugar no Paraninfo da Universidade da Coruña a presentación do libro "Sobre o racismo lingüístico", obra colectiva que inclúe análises de diversos temas como prexuízos lingüísticos, lexitimidade lingüística, etc. Na presentación participarán Pilar García Negro, Celia María Armas, Manuel Ferreiro, Xosé Ramón Freixeiro Mato, Xosé Manuel Sánchez Rei, Goretti Sanmartín, Francisco Rodríguez e Luís Villares Naveira.