Premios Anticiclón e Borrasca 2009

A Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización do Barbanza fixo públicos os premios Anticiclón e Borrasca 2009, os premios anuais de normalización na comarca.

O Premio Anticiclón, concedido á entidade que máis promove o galego, recaeu no Centro Comercial aberto O Deán, da Pobra do Caramiñal, polo uso normal e cotiá do galego nas tendas que o conforman.

Pola súa parte, o merecedor do Premio Borrasca foi o Centro Comercial Haley (de Ribeira e outras localidades, pertencente ao Grupo GADISA), que obvia case por completo a nosa lingua, tanto na oralidade coma na escrita, empregando ademais o topónimo deturpado.

Máis información no blogue da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización do Barbanza.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio