Segundo a resolución publicada no DOG do 13 de maio, concederanse 10 premios a proxectos que fomenten o galego oral en novos ámbitos dentro e fóra das aulas, o achegamento á lingua por parte de estudantes estranxeiros/as, o favorecemento ao uso da lingua por parte de asociacións, empresas, etc., e a relación da lingua galega coas tecnoloxías da información e a comunicación. Cada un dos premios está dotado con 2.000 euros.
O prazo de presentación de solicitudes é de dous meses contados a partir da publicación no DOG.
Pódese consultar a resolución completa, en formato .pdf, aquí.
Premios á innovación en normalización lingüística nos centros escolares
Educación e Política Lingüística convocan premios a proxectos de innovación en normalización lingüística de centros públicos para desenvolver no curso académico 2008-2009.