Premios a ferramentas educativas TIC en galego nos centros de ensino

As consellarías de Educación e Ordenación Universitaria e de Innovación e Industrica convocan conxuntamente 15 premios a recursos educativos para a sociedade da información entre o profesorado de centros de ensino non universitario.

Pódese participar nesta convocatoria por catro modalidades:

-Ferramentas de autor/a

-Materiais curriculares web e encerados dixitais

-Galerías de imaxes e vídeos didácticos

-Aplicacións de software libre

Hai premios desde os 1.000 até os 6.000 euros.

Poderá participar nesta convocatoria, a título individual ou en grupo, profesorado destinado en centros educativos de ensino non universitario sostidos con fondos públicos.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 15 de setembro de 2008.

Pódese consultar a convocatoria completa en .pdf aquí [DOG do 21 de maio de 2008].
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio