Premio ao mellor proxecto de webserie en galego no Carballo Interplay

O Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay convoca nesta III edición un premio ao mellor proxecto de webserie en galego, co obxectivo de incentivar a produción audiovisual na nosa lingua.

Co fin de “fomentar a creación dixital innovadora, en lingua galega e para o mundo”, en palabras da súa directora, Sonia Méndez, o Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay convoca un premio ao mellor proxecto de webserie en galego.

Premio

Este premio terá unha dotación económica de 1.500 euros, que se deberán destinar á producións de, polo menos, tres capítulos da webserie.

Prazo

Poderán presentarse proxectos ata o 11 de abril de 2016.

Proxectos finalistas

Entre todos os proxectos recibidos o comité de selección do festival escollerá un máximo de cinco proxectos. Os finalistas terán que defender o seu proxecto cun piching ante os membros do xurado específico para esta convocatoria. O piching será aberto ao público e terá lugar o 5 de maio no Auditorio do Pazo da Cultura do Concello de Carballo.

Xurado específico

O xurado específico estará composto por profesionais do mundo das webseries e da produción en liña, do audiovisual e da dinamización lingüística, un representante do Concello de Carballo e un representante do equipo directivo do festival. Valorarase a creatividade e orixinalidade da proposta, así como a súa viabilidade de cara á produción.

Información sobre o festival aquí>

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio