Praza temporal de tradutor/a na Deputación de Ourense

A Deputación Provincial de Ourense publicou no BOP do 9 de abril a convocatoria urxente dunha praza temporal de tradutor/a de lingua galega. O sistema de selección será o concurso de méritos e o prazo de inscrición está aberto até o 15 de abril.



No BOP de Ourense do 9 de abril de 2019, a Deputación Provincial anuncia a convocatoria polo procedemento especial de urxencia dunha praza de tradutor/a de lingua galega.

Titulación requirida: licenciatura ou grao en filoloxía galega ou titulacións equivalentes.

Tipo de contrato: eventual por circunstancias da produción.

Duración: un máximo de tres meses.

Sistema de selección: concurso, de acordo co baremo do artigo 6.1 da Ordenanza reguladora dos procedementos de selección de persoal funcionario interino e laboral temporal ao servizo da Deputación Provincial de Ourense (BOP de Ourense do 1 de agosto de 2014)

Prazo de inscrición: 5 días naturais desde o seguinte ao da publicación das bases no BOP. É dicir, até o 15 de abril.

Bases completas en .pdf. (pp. 2-3; inclúe o baremo)
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio