Praza temporal de tradutor/a na Deputación de Ourense

A Deputación Provincial de Ourense publicou no BOP do 24 de xuño a convocatoria urxente dunha praza temporal de tradutor/a de lingua galega. O sistema de selección será o concurso e o prazo de inscrición até o 29 de xuño.



No BOP de Ourense do 24 de xuño de 2017, a Deputación Provincial anuncia a convocatoria polo procedemento especial de urxencia dunha praza de tradutor/a de lingua galega.

Titulación requirida: grao en filoloxía galega ou equivalente.

Tipo de contrato: eventual por circunstancias da produción.

Duración: un máximo de tres meses.

Sistema de selección: concurso.

Prazo de inscrición: 5 días naturais desde o seguinte ao da publicación das bases no BOP. É dicir, até o 29 de xuño.

Bases completas en .pdf. (pp. 2-3)
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio