Temos algo que contarche. Vivimos nun país máis luminoso do que nos din os partes do tempo, máis poderoso do que nos deixan, máis rico do que nos queren facer crer, máis capaz do que pensa que é… Con estas palabras comeza a presentación pública dun novo xornal dixital en galego, Praza Pública, un proxecto que se acaba de presentar e que busca o compromiso cidadá para poder facerse realidade.
Praza Pública preséntase como un “medio para informarse, debater, construír unha conversa crítica entre a cidadanía”, e como un “instrumento para o cambio, para o avance do país”.
Os temas que tratarán son: Política, Mundo, Movementos sociais, Cultura, Economía, Deportes e Ciencia.
Este xornal quere construírse con micro-achegas colectivas, publicidade e axudas públicas, e para poder cumprir os compromisos necesitan das achegas e compromiso de moitas persoas, para que Praza Pública sexa unha realidade.
Podes consultar a información completa de presentación en www.prazapublica.com
Praza Pública, novo proxecto de xornal dixital en galego
Temos algo que contarche... Así comeza a presentación de Praza Pública, un novo xornal dixital en galego que está nacendo e que busca o apoio cidadá para poder facerse realidade