O Concello de Lugo publicou as bases específicas para a convocatoria pública dunha praza de tradutor/a [.pdf] (grupo A, subgrupo A2).
As persoas participantes deberán estar en posesión do título de grao en estudos de galego e español ou do grao en tradución e interpretación, ou ter superados tres anos das licenciaturas de tradución e interpretación ou de filoloxía galega.
O proceso selectivo será o de concurso-oposición. O prazo de presentación de solicitudes é de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE [.pdf].
Praza de tradutor/a experto/a en galego no Concello de Lugo
O Concello de Lugo convoca, por consolidación de emprego, unha praza de tradutor/a experto/a en galego. O prazo de solicitude remata o 1 de xullo